martes, 25 de noviembre de 2014

A segunda carta



Sofía F
A Coruña

Eva L.
Ferrol



A Coruña, 20 de novembro de 2014



Querida Eva:
Imaxino que te sorprenderás de recibir esta carta no buzón do teu correo, pero se fas memoria, lembrarás que non é a primeira vez que che escribo. En realidade é a segunda vez.
Lembras aquela vez que nos enviamos unha carta cando eramos pequenas e aprendemos a escribir?
Despois daquela, só nos enviamos as postais por Nadal. O resto do ano, só nos comunicamos por Whatsapp ou vémonos en persoa, por iso decidín volver a escribirche.
Despois de facer esta aclaración, queríache dicir que me gustaría volver a verte, pois non nos vemos dende o verán.
Durante o curso o tempo pasa moi rápido e non temos tempo a nada, por iso me gustaría facer algo contigo coma ir ao cine.
Qué che parece?
Espero que me respondas cando teñas tempo, porque xa sei que estás moi ocupada con todas as cousas do colexio e coas actividades que fas.
Recibe moitos bicos.



Sofía



miércoles, 19 de noviembre de 2014

A historia da buxaina



Roi chegou a casa dos seus avós coma cada fin de semana. Esta vez traía o seu novo xoguete, que os seus pais lle compraran como premio das súas boas notas. Era un beyblade.
O seu avó, ao ver aquel xoguete díxolle:

A: Ese xoguete non é moi bo. Cando eu ía a escola, xogaba no recreo a buxaina cos meus compañeiros. Ven, ségueme.


Roi seguiu ao seu avó ata o faiado, onde tiña gardados os seus xoguetes antigos e sacou unha buxaina dun baúl. Era moi vella e Roi colleuna na man.
Nese mesmo momento soou o teléfono e o seu avó baixou collelo.
Roi quedou so no faiado, coa buxaina na man.

B: Hola! Dixo a buxaina.
R: Aaaah! Berrou o neno.
B: Non berres, levo aquí vinte anos. Por favor, un pouco de respeto cos meus oídos.
R: Pero se non tes.
B: Entón cómo te escoito?
R: Non o sei.
B: Sácame de aquí, por favor.
R: Non podo.
B: Por qué?
R: Porque non me pertences senón a meu avó.
B: Vaia.
R: O que si podo facer e subir aquí cada fin de semana e xogar contigo.
B: De verdade?
R: Si.
B: Moitas grazas, pero, sabes bailarme?
R: Non.
B: Que che ensine o teu avó.
R: Vale. É fácil?
B: Non o sei. Eu só bailo, non fago que as buxainas bailen.
R: Non pode ser moi difícil.
 


Pero comprobou que era máis difícil do que parecía.

Ao fin de semana seguinte…

B: Roi, síntoo, pero non tes xeito, non sabes bailar unha buxaina.
R: Pero…
B: Nin peros nin peras. Deixa de xogar comigo ou falo co teu avó.
R: Moi ben, entón a que xogamos?
B: …


Sofía F, Daniel Q, Lidia R e Guillermo S


A illa do “tesouro”



Aquel día os rapaces do clube do trebo das catro follas estaban aburridos e non sabían que facer.
Na escola tiñan catro días de ponte, polo que ían ter moito tempo libre para estaren xuntos.
De súpeto, S.S. sacou algo do seu peto. Era un papel arrugado e vello. Un sorriso fachendoso saeu da súa cara, o que quería dicir que xa ían ter unha ocupación nos vindeiros días…
-      ¿Que pensas?
Preguntaron as súas tres compañeiras ao mesmo tempo.
-      É que acabo de atopar un plano que esquecera no meu peto, menos mal que non lle pasou nada ao ir á lavadora. Ímolo abrir con moito tino para que non rompa.
-      Ónde se atopará esta illa?
Preguntou Queen Paulina, a máis enérxica, intrépida e divertida do grupo.
-      Mira ao teu redor, díxolle C.C. amable e educada.
-      Non se che fai coñecida? A mín sí, dixo Settler Sophia.
Os catro rapaces miraron cara a súa fronte e decatáronse de que a tiñan diante, aínda que un pouco lonxe.
-      E cómo imos chegar alí?
Preguntou Settler Sophia en voz alta, aínda que todos se facían a mesma pregunta.
Moi fácil, na barca do meu avó, dixo S.S. en ton aventureiro e atrevido.
-      Quén a vai guiar? Só temos dez anos.
Preguntou Settler Sophia coherentemente.
-      Eu peguntábame o mesmo.
Dixo C.C. co seu aire cauto que a caracterizaba.
-      Temos que intentalo!
Dixo a doce e divertida Queen Paulina.
-      Tedes razón, é moi perigoso, pero temos que intentalo. Se llo pedimos a un adulto nos vai dicir que non, pero se llo pedimos ao meu irmán seguro que nos di que si.
Dixo S.S.
Pois que nos leve moi cedo e que nos vaia buscar pola noite.

E así foron.
Eran as sete da mañán e o irmán de S.S. xa os deixara na illa do dragón, ao norte, (no faro).



-      Isto non é moi seguro.
Dixo Settler Sophia.
-      Estamos a carón do faro, non sexas tan meticulosa.
Dixo C.C.
-      Pero e que ten razón. Non o vexo.
Dixo a considerada Queen Paulina.
-      Pois estamos a carón da luz, así que pon gafas.
Dixo S.S. inquedo
-      Calade a boca!
Dixo impaciente C.C.
-      Vamos ao Sur?
Preguntou Queen Paulina.

Settler Sophia pediulle o mapa a S.S. e mirouno con serenidade.
-      Nos temos que ir rodeando a illa cara o sur polo leste e cando atopemos o río seguímolo cara ao oeste e hacia o norte.
-      De acordo.
Dixeron os tres ao mesmo tempo.

Foron por onde dixo Settler Sophia e cando chegaron ao final, cando chegaron, había unha cruz cravada no chan, cavaron pero alí non había nada. Volveron a subir cara ao norte.
E os estaba esperando o irmán de S.S.. Preguntoulles se atoparan algo pero dixéronlle os catro a vez:
-      Non había nada, unha perda de tempo!!!

Settler Sophia volveu a mirar o mapa mais detenidamente e díxolle moi enfadada:
-      De verdade crías que ía haber un dragón, un volcán, montañas con caveiras e demais? A perda de tempo foi por culpa túa. Isto parece sacado dun conto de piratas, a próxima vez míroo eu antes.

                                                                        Sofía F